Como era tradición en Cineuropa, o festival comezou coa proxección da película gañadora do Premio do Público da edición anterior: Hoy quizá, dirixida por Jean-Louis Bertuccelli. Este ano foi o Teatro Principal a sede única para todas as proxeccións, entre os días 4 e 30 de novembro. En total pasaron pola súa pantalla 57 cintas. Houbo homenaxes a Denhilm Elliot, Richard Brooks, John Sturges e Anthony Perkins que morreran aquel mesmo ano e tamén a Federico Fellini que morrería xusto un ano despois.
As premières da sección oficial foron Et la lumière fut de Otar losseliani, Van Gogh de Robert Altman, Nouvelle vague de Jean-Luc Godard, La vida y nada más de Bertrand Tavernier, La fractura de miocardio de Jacques Fansten, December bride de Thaddeus O’Sullivan e La bella mentirosa de Jacques Rivette. Aquela edición de 1992 foi tamén o debut en Cineuropa de dous habituais deste festival: Zhang Yimou e Ken Loach.
Gañou o Premio do Público a película de Jaco Van Dormael Totó el Héroe, que viña de gañar o Premio da Xuventude no Festival de Cannes daquel ano.
As películas do maratón foron: Amo tu cama rica de Emilio Martínez-Lázaro, La naranja mecánica de Stanley Kubrick, Muerde la bala de Richard Brooks, El cuento de la doncella de Volker Schlöndorff, Oro en barras de Charles Crichton, unha película sorpresa e La ley de la calle de Francis Ford Coppola.