Cineuropa é un festival de cine que, cada mes de novembro, desde hai 33 outonos, reúne en Santiago de Compostela as mellores películas europeas e internacionais do ano. Dende os premios de Cannes e Locarno ou San Sebastián ata filmes que se atopan fóra do circuíto de exhibición, a programación inclúe traballos exquisitos, ateigados de calidade, para goce do público. Porque, precisamente, en Cineuropa o protagonista absoluto é o público: son as espectadoras e os espectadores quen puntúan cada película para escoller as gañadoras de cada edición.