Ano

2019

Nacionalidade

Francia

Duración

77 min.

Xénero

Comedia

Idioma

Francés

6,39

Nota do público
NOV
11
Luns, 20:30
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
14
Xoves, 22:15
Salón Teatro
Mercar entrada

Georges, un día coma outro calquera, decide abandonar o suburbio no que vive para dedicarse de cheo a buscar a chaqueta de pel coa que sempre soñou. Pero esta compra, ademais de custarlle todos os seus aforros, converterase nunha obsesión que o levará a unha horrible relación de celos e posesión que desembocará nun acto criminal.

Crítica Cineuropa

No cinema de Quentin Dupieux os obxectos inanimados cobran un protagonismo demencial, non tanto fetichista senón a través dunha antropomorfización delirante. Neste caso temos unha cazadora de pel de cervo que, por veces, fala. Dupieux leva sempre as súas premisas absurdas ata o final, cunha seriedade absoluta, poderíase dicir. E nesa comicidade marciana reside o encanto deste filme de homes abatidos que non son ninguén e non existen pero que levan dentro a semente da destrución. Unha destrución violenta, metódica e un chisco desganada, porque por encima de todo, está a cazadora.

Ficha artística

Jean Dujardin, Adèle Haenel, Albert Delpy, Coralie Russier, Laurent Nicolas, Pierre Gommé, Panayotis Pascot, Franck Lebreton, Stéphane Jobert, Marie Bunel

Ficha técnica

Guión: Quentin Dupieux
Música: Janko Nilovic