Ano
2019
2019
Bélxica, Francia
84 min.
Drama
Francés, árabe
Na Bélxica dos nosos días, o destino do mozo Ahmed, de 13 anos, quedou atrapado entre os ideais de pureza dos que lle fala o imán e as paixóns da vida. O protagonista comeza a radicalizarse e a conspirar para matar o seu profesor despois de aceptar unha interpretación extremista do Corán.
Hai cinematografías que son refuxio seguro para o espectador. Un sabe que vai atopar cando entra ver un filme de Ken Loach, de Mike Leigh, de Michael Haneke. Cos irmáns Dardenne sabemos que non imos ver unha comedia e que imos ver un filme de corte realista (incluso próximo ao documental) sobre o aquí e o agora, dun xeito lúcido e cinematograficamente impecable. A partir de aí, o pracer atópase nos detalles, nas pequenas variacións. En O mozo Ahmed o tema de fondo é o integrismo relixioso e a facilidade coa que se traspasa a barreira dunha vida normal a un inferno absurdo. O tránsito é contado polos Dardenne sen énfase de ningún tipo, case imperceptible, e por tanto, moito máis perigoso.