Ano

2019

Nacionalidade

Francia

Duración

103 min.

Xénero

Fantástico

Idioma

Francés

5,80

Nota do público
NOV
20
Mércores, 22:15
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
22
Venres, 21:00
Salón Teatro
Mercar entrada
2019: sección Quincena dos Realizadores do Festival de Cannes

2019: sección Zabaltegi-Tabakalera do Festival de San Sebastián

No ano 1962, un home regresa do mundo dos mortos para traballar nas infernais plantacións de azucre de Haití. Unha moza haitiana cóntalles ás súas amizades o seu segredo familiar 55 anos despois, sen saber que isto levará a que un deles cometa unha atrocidade.

Crítica Cineuropa

Cerimonia vudú de cinema puro onde se convocan os nomes de Val Lewton e Jean Rouch para dar densidade a un relato de varias capas e tempos, que acaban por fundirse nun agora espectral de ceos rotos. Colonialismo, escravitude e un asoballamento racial que aínda hoxe pretende apoderarse de folclore alleo sen querer coñecer o outro, só para esquilmar unha cultura máis. Todo isto nesta ficción a dúas voces na que as estudantes dun instituto de elite se mesturan co Haití máis pintoresco e ancestral nun xogo de atracción/repulsa, significantes/significados, que deixa os suficientes ocos para que o espectador xogue coas pezas dun crebacabezas intelectual e visceral ao mesmo tempo. Película de tese e filme de terror, Bertrand Bonello demostra unha vez máis que o seu cinema é un dos máis apaixonantes da cinematografía mundial.

Ficha artística

Louise Labeque, Wislanda Louimat, Adile David, Ninon Francois, Mathilde Riu, Bijou Mackenson, Katiana Milfort

Ficha técnica

Guión: Bertrand Bonello
Música: Bertrand Bonello
Fotografía: Yves Cape