Ano

2019

Nacionalidade

Bulgaria, Grecia

Duración

87 min.

Xénero

Drama, comedia

Idioma

Búlgaro

6,37

Nota do público
NOV
12
Martes, 19:30
Cinema NUMAX
Mercar entrada
NOV
16
Sábado, 18:15
Teatro Principal
Mercar entrada
2019: Globo de Cristal no Festival Internacional de Cinema de Karlovy Var

Vasil acaba de perder a súa esposa Ivanka. Cando unha muller lle comenta despois do funeral que a falecida chamou ao seu móbil, busca a axuda dun coñecido médium para contactar coa súa muller. O seu fillo Pavel tenta que recupere o xuízo, pero el insiste teimosamente en facer as cousas ao seu xeito.

Crítica Cineuropa

Os enterros sempre son un bo punto de partida, tanto para o drama como para a comedia. Este filme búlgaro decántase decididamente pola segunda opción, e ofrece ao espectador un duelo xeracional entre un pai que se resiste a aceitar a morte da súa muller e un fillo algo canso que só desexa volver ao seu día a día na cidade. Polo medio: demencia senil, maxia de ultratumba, médiums algo preguizosos e unha celebración eufórica do absurdo da existencia. O mellor nestes casos é deixarse levar e aceptar co estoicismo que mostra o noso protagonista, a sucesión de situación estrafalarias. A vantaxe é que nós podemos rir delas, e para iso tamén axuda que o director sempre atope a distancia adecuada para contar cada escena.

Ficha artística

Ivan Barnev, Ivan Savov, Tanya Shahova, Hristofor Nedkov, Margita Gosheva

Ficha técnica

Guión: Kristina Grozeva, Petar Valchanov
Música: Hristo Namliev
Fotografía: Krum Rodriguez