Ano

2019

Nacionalidade

Turquía

Duración

115 min.

Xénero

Terror, ciencia ficción

Idioma

Turco

6,00

Nota do público
NOV
15
Venres, 22:25
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
17
Domingo, 22:30
Salón Teatro
Mercar entrada

Nunha Turquía distópica, o Goberno comeza a instalar por todo o país redes que permiten monitorizar as accións da cidadanía. Un día, mentres se realiza unha instalación, algo se torce. O resultado tradúcese na presenza dunha entidade demoníaca que realiza transmisións que poñen en perigo a saúde da poboación local.

Crítica Cineuropa

Nesta distopía turca semella que no futuro volvemos cara a atrás e que o mundo se converte nunha especie de república checa dos anos 70, gris e kafkiana. O goberno impón un sistema de control dos cidadáns que é unha mestura entre as teorías da nova carne de David Cronenberg e o discurso doutros artesáns aínda máis politizados, como o gran Larry Cohen facía en The in-natural. Unha entidade maligna aproveita os órganos de poder para contaminar cada triste bloque de vivendas, rodado cunha aterradora monotonía de planos estáticos. A vida nestes pisos poscomunistas é tan gris que a aparición de fenómenos diabólicos é case asumida con naturalidade resignada. De todos os xeitos, o noso heroe non cede e intenta alzarse contra todos aínda que todo indica que a súa aventura está condenada ao fracaso nun mundo onde o mal xa gañou hai tempo.

Ficha artística

Ihsan Önal, Gül Arici, Levent Ünsal, Isil Zeynep, Murat Saglam, Elif Çakman, Mert Toprak Yadigar, Eda Özel

Ficha técnica

Guión: Orcun Behram
Música: Can Demirci
Fotografía: Engin Ozkaya