Ano
2019
2019
Alemaña
98 min.
Documental
Alemán, francés, inglés, farsi
O documental segue a Maryam Zaree, cineasta e actriz, na súa procura por descubrir as circunstancias violentas que rodearon o seu nacemento nunha das prisións políticas máis coñecidas do mundo.
Hai todo un subxénero con entidade propia dentro do documental no que o/a cineasta indaga na súa propia autobiografía para buscar respostas ao presente dende o pasado familiar. Born in Evin é un exemplo especialmente enigmático e doloroso, xa que a protagonista e realizadora iraniana Maryam Zaree nace nunha prisión política do réxime de Irán, e sobre ese feito tan ominoso os seus país gardan un muro de silencio. Pouco a pouco, con paciencia, dor e un chisco de humor desprexuizado, a realizadora achega luz ao documental, e por extensión a si mesma.