Ano

2019

Nacionalidade

España

Duración

90 min.

Xénero

Documental

Idioma

Ruso

NOV
24
Domingo, 19:45
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
25
Luns, 19:10
Multicines Compostela
Mercar entrada

Nun asentamento preto da fronteira entre Rusia e Finlandia, unha familia mantén vivos rituais chamánicos tradicionais. As crianzas xogan no mesmo bosque onde fotos cravadas nos troncos das árbores lembran a sanguenta represión de Stalin. Política e espiritualidade atópanse neste filme de construción intuitiva e impresións poéticas: arquivo histórico, planos da natureza, escenas familiares e testemuños inquisitorios que a través da imaxinación crean unha memoria histórica.

Crítica Cineuropa

Neste novo e impoñente traballo de Andrés Duque, ás veces, á maneira dos cineastas experimentais americanos, a luz caendo sobre os obxectos das casas da familia protagonista ou creando formas abstractas nun bosque explica máis a comunidade retratada que as partes máis ensaísticas. O rexistro da vida destes loiros fronteirizos ten un importante grao de abstracción que lembra en ocasións os etéreos personaxes de Terrence Malick. Pero o que ás veces semella impostura no cinema do norteamericano, en Carelia transpira autenticidade, fascinación e puro pracer de ver e escoitar unha comunidade ignota diante da cámara. Imaxes imbuídas dun misticismo doutro tempo, como cando un dos nenos se mergulla nun lago e di que “abaixo, todo parece unha sala”. Toda unha experiencia.

Ficha técnica

Guión: Andrés Duque
Fotografía: Andrés Duque
Produción: Andrés Duque