Ano

1979

Nacionalidade

Estados Unidos

Duración

134 min.

Xénero

Drama, música

Idioma

Inglés

Entrada

Libre ata completar a capacidade da sala

NOV
15
Venres, 22:25
Multicines Compostela
Entrada libre
NOV
26
Martes, 17:10
Multicines Compostela
Entrada libre

1980: candidatura ao mellor filme estranxeiro nos Premios César

1980: candidatura á mellor actriz (Bette Midler) e ao mellor son nos Premios BAFTA

1979: candidatura á mellor actriz (Midler), ao mellor actor secundario (Forrest), á mellor montaxe e ao mellor son nos Premios Óscar

1979: premio á mellor actriz de musical/comedia, á mellor actriz revelación (Midler) e á mellor canción e cinco candidaturas nos Globos de Ouro

1979: candidatura á mellor actriz (Midler) e ao mellor actor secundario nos Premios do Círculo de Críticos de Nova York

Rose é unha estrela de rock cuxo éxito está estreitamente vinculado ao alcohol e ás drogas. Con todo, co paso do tempo, eses excesos serán a causa do seu declive. Cando Rose, intenta saír dese inferno, pídelle ao seu manager que lle permita coller un respiro, pero el négase. Daquela ela busca consolo e amor nos brazos dun atractivo lampatín que non poderá seguir o ritmo frenético da súa vida de excesos.

Crítica

“Bette Midler fai o seu debut como unha orxiástica estrela do rock nos últimos estadios do seu proceso de autocremación”.

Pauline Kael

Ficha artística

Bette Midler, Alan Bates, Frederic Forrest, Harry Dean Stanton, Barry Primus, David Keith, Sandra McCabe

Ficha técnica

Guión: Bill Kerby, Bo Goldman
Fotografía: Vilmos Zsigmond
Música: Paul A. Rothchild