Ano

2012

Nacionalidade

España

Duración

73 min.

Xénero

Documental

Idioma

Galego

Entrada

Libre ata completar a capacidade da sala

NOV
9
Sábado, 18:15
Museo das Peregrinacións
Entrada libre

Piedad viviu gran parte da vida en Leiroso, un pequeno lugar illado do mundo urbano. Ela mais o seu home decidiron quedar alí, aínda cando os seus fillos e veciños foron marchando. Aos 76 anos aparece o alzhéimer e atópase soa, xa que o seu home morreu hai tempo e é a única habitante da zona. A enfermidade motiva que o seu fillo menor decida levala a vivir con el e a súa familia á cidade, o que provoca un cambio radical na vida de Piedad, no seu día a día, na súa contorna familiar e nos recordos da súa vida anterior. Na súa nova vida non se sabe que é verdade, lembranza ou produto da súa doenza.

Ficha artística

Piedad Ferreiro, Amadeo Ferreiro

Ficha técnica

Guión: Marcos Nine
Música: Benxamín Otero
Fotografía: Otto Roca