Skip to main content

Xurado Oficial

Carlos Losilla

Barcelona, 1960

É escritor, traductor y membro do consello de redacción da revista Caimán Cuadernos de Cine. Exerceu a crítica de cine, entre outras publicacións, nas revistas Dirigido por e Time Out, así como no diario Avui e no suplemento Cultura(s) de La Vanguardia. É profesor na Universitat Pompeu Fabra e na ESCAC, tamén forma parte do equipo de programación do Festival de Cinema D’Autor de Barcelona (D’A). Entre os seus libros atópanse El cine de terror (1993), En busca de Ulrich Seidl (2003), La invención de Hollywood (2003), El sitio de Viena (2010), La invención de la modernidad (2011), Raoul Walsh (2020) ou Deambulaciones (2021). Recentemente, coordinou o volume de entrevistas El cine deseado. 10 directoras del siglo XXI (2023), que acaba de ser publicado.

Valentina Otormin

Mercedes, Uruguai, 1993

Naceu en Uruguai pero vive en Francia, onde creceu. Leva sete anos colaborando con varios festivais, contribuíndo a súa programación dende unha perspectiva política e social, acotío atravesada polo espírito do activismo. Considera o cinema como unha ponte que conecta diferentes culturas e por iso traballa como programadora da Sección Longametraxes de ficción no Festival Biarritz Amérique Latine e como coordinadora do festival de cinema europeo ArteKino, organizado por Arte France Cinéma.

Tamén contribuíu á programación da Cinemateca Uruguaia de Montevideo no marco do Festival Cinematográfico Internacional do Uruguai e a doutros festivais como Annecy Cinéma Italien e Annecy Cinéma Espagnol. Este ano foi xurado da competencia principal do Shorts International Film Festival de Trieste, Italia.

Álvaro Brechner

Montevideo, 1976

Director, guionista e produtor, Álvaro Brechner naceu en Montevideo e posteriormente estableceuse en España. Realizou curtas e decenas de documentais que foron premiados en mais de cen festivais internacionais. As súas tres longametraxes Mal día para pescar (2009), Mr. Kaplan (2014) e La noche de 12 años (2018), foron estreadas en festivales coma a Semana da Crítica do Festival de Cannes, o Festival Internacional de Cine de Venecia e o Festival Internacional de San Sebastián, recibindo destacada repercusión internacional. No ano 2022 dirixiu a serie El Presidente (Gaumont/Amazon Studios).

Brechner é gañador dun Premio Goya da Academia de Cine Español e da Piramide de Ouro do Festival do Cairo. As súas obras teñen sido recoñecidas con deceas de galardóns internacionais, incluindo os das Academias de Cine Arxentina e Brasileña, ademais de recibir 13 nominacións aos Premios Platino. Foi nomeado pola revista Variety como un dos dez directores iberoamericanos mais influintes.

As súas 3 longametraxes foron proxectadas no Festival de Biarritz, recibindo o premio ao Mellor Actor (Mr.Kaplan) e o premio doPúblico (La Noche de 12 Años aka Compañeros).Alén disto, foi xurado en festivais como a Semana da Crítica do Festival de Cannes e os festivais de Venecia, Málaga, Torino, Varsovia, Sofía, Xixón, Kerala e Friburgo. Recentemente dirixiu a ópera Don Giovanni de Mozart no Teatro Nacional Solís, demostrando ser un artista polifacético e ampliando aínda mais a sua versatilidade na escea cultural contemporánea.

Director, guionista e produtor, Álvaro Brechner naceu en Montevideo e posteriormente estableceuse en España. Realizou curtas e decenas de documentais que foron premiados en mais de cen festivais internacionais. As súas tres longametraxes Mal día para pescar (2009), Mr. Kaplan (2014) e La noche de 12 años (2018), foron estreadas en certames como Cannes, Venecia e San Sebastián e entre os recoñecementos que recibiron figuran os das Academias de Cine Arxentina e Brasileña. Brechner gañou ademais un Goya da Academia de Cine Español e a Piramide de Ouro do Festival do Cairo e foi designado pola revista Variety como un dos dez directores iberoamericanos mais influintes.

No ano 2022 dirixiu a serie El Presidente (Gaumont/Amazon Studios) e recentemente, a ópera Don Giovanni de Mozart no Teatro Nacional Solís, nunha mostra da súa versatilidade.

Alén disto, foi xurado en festivais como a Semana da Crítica do Festival de Cannes e os festivais de Venecia, Málaga, Torino, Varsovia, Sofía, Xixón, Kerala e Friburgo.

Xurado Novo

Este é o Xurado Novo de CINEUROPA 37! Teñen nas súas mans a composición do seu propio palmarés coas seguintes categorías:

  • Mellor película
  • Mellor dirección
  • Mellor guión
  • Mellor interpretación feminina
  • Mellor interpretación masculina

Os premios do Xurado Novo serán de carácter honorífico e daranse a coñecer na gala de clausura do festival.

André Parra Rodríguez

Carlota Álvarez Feijoo

Lucía Ortigueira Piñeiro

Mateo Fernández López

Mike Cruz