Nota do público:

5,50

Eslovenia, Italia, Noruega / 105 min. / Ficción / Esloveno,Inglés

Mercar entrada

Iva, de dezasete anos, está en proceso de recuperación tras a morte da súa nai. Influenciada por esta profunda perda persoal e polo descubrimento dos segredos que a súa nai ocultaba, a moza mergúllase lentamente nun mundo estraño, case de ilusión, lonxe da realidade.


Ficha artística

Doroteja Nadrah, Kristoffer Joner, Matej Zemljič, Matija Vastl.

Ficha técnica

Guión: Sonja Prosenc.
Fotografía: Mitja Ličen.
Música: VV.AA.
Produción: Rok Sečen, Sonja Prosenc, Nadia Trevisan (Italia), Jarle Bjorknes (Noruega).

Crítica Cineuropa

O segundo filme de Sonja Prosenc desenvolve unha poética audaz e distintiva que ataca directamente os sentidos do espectador, así como un estilo narrativamente solto e a capacidade de armar unha historia coa axuda da máis sutil das suxestións.


Zgodovina ljubezni / Historia de amor

Sonja Prosenc

Slovenj Gradec (Iugoslavia), 1977

Directora e guionista coñecida pola longametraxe The Tree (2015), a curta Impromptu (2015) e History of Love, longametraxe que foi estreada no prestixioso Festival Internacional de Cine de Karlovy Vary.