Nota do público:

5,23

Brasil / 80 min. / Ficción / Portugués

Mercar entrada

Catro traballadoras da cidade nas súas relacións cotiás de supervivencia. Unha traballadora do campo do Movemento dos Traballadores Rurais Sen Terra. Poesía arrincada como malas herbas do chan do noso tempo.


Ficha artística

Carlota Joaquina, Maria Tereza Urias, Deborah Hathner, Ruth Melchior, Laura Brauer, Renê Costanny, Rimenna Procópio, Adriana Mendonça.

Ficha técnica

Guión: Talita Araujo, Renan Rovida.
Fotografía: Danilo Dilettoso, Maria Terra.
Edición: Gabriel Martins, Alan Siqueira, Luiz Cruz, Renan Rovida.
Produción: Maria Tereza Urias.

Crítica Cineuropa

A estrutura narrativa da ópera prima de Renan Rovida divídese en catro capítulos protagonizados por catro mulleres traballadoras, coa historia dunha quinta muller entreverada entre eles. Así constrúe unha alegación contra a precariedade laboral e a ferocidade do capitalismo. A denuncia implícita non é tanto cara aos ambientes de traballo como ao redor da dimensión simbólica que suscitan os diversos dispositivos de violencia laboral institucionalizados na sociedade contemporánea: o desemprego e as débedas, o afogo dos préstamos como única solución para un negocio propio, a falta de conciliación familiar e laboral e o liberalismo dun mundo académico que tamén esixe produtividade e cumprimento de prazos.


Sem raiz

Renan Rovida

Taubaté (Brasil), 1983

É cineasta, actor e membro do colectivo Tela Suja Filmes. Dirixiu as curtas Entre nós, dinheiro (seleccionado en 2012 para o 34ª Festival Internacional do Novo Cinema Latinoamericano da Habana, entre moitos outros), e Coice no peito (2014), premiada no Primeiro Festival de Cinema de Caracas. Sen Raíz é a súa primeira longametraxe.