Xapón / 77 min. / Ficción / Xaponés

Tras unha marcha estudantil, un mozo militante pelexa co seu irmán policía. Intentando separalos, a muller do policía mátao. Disfrazando o crime de suicidio, a improbable parella de viúva e cuñado emprenderá unha viaxe de purificación cara ao Monte Hokkaido, no norte de Xapón. A primeira escena, co mozo atravesando unha cidade en chamas, mentres mira sen parar ao seu arredor para asegurarse de non estar ameazado, sintetiza a atmosfera violenta característica deste período de Wakamatsu.


Ficha artística

Ken Yoshizawa, Yoko Muto, Rokko Toura, Hatsuo Yamatani, Shigechika Sato, Masao Adachi, Kazuo 'Gaira' Komizu.

Ficha técnica

Guión: Masao Adachi, Izuru Deguchi.
Fotografía: Hideo Itoh.
Música: Takehito Yamashita.
Produción: Wakamatsu Production.


Running in madness, dying in love