Nota do público:

6,43

Canadá, Arxentina / 100 min. / Ficción / Castelán

Mercar entrada

Primas é un retrato evocador de dúas curmás adolescentes arxentinas, Rocío e Aldana, que tras sufrir abominables actos de violencia que interromperon as súas infancias, logran liberarse dos afogos do pasado. Nas súas viaxes por Arxentina e Montreal, as rapazas alcanzan a madurez tendo experiencias reveladoras nas súas vidas cotiás; aprendendo danza, mimo, teatro, circo e artes visuais. Rocío e Aldana expresan a través dos seus corpos o que só as súas singulares perspectivas e unha inquebrantable capacidade de resiliencia poden revelar.


Ficha artística

Rocío Álvarez, Aldana Camila Bari Gonzalez.

Ficha técnica

Guión: Laura Bari.
Fotografía: Laura Bari.
Música: Florencia di Concillio, Marco Liy, Juan Pablo Fernandez.
Produción: Andreas Mendritzki.

Premios

  • Premio do público no Mar del Plata Film Festival 2017.
  • Premio do xurado no CineLatino Rencontres de Toulouse.
  • Premio do xurado no !F Istanbul Independent Film Festival.
  • Gran premio do xurado no DOXA de Canadá.

Crítica Cineuropa

A realizadora Laura Bari compón en Primas un retrato íntimo e metafórico das súas sobriñas Rocío e Aldana, dúas mozas que comparten un pasado tráxico, pero tamén un presente esperanzador. Rodada durante algo máis de tres anos entre Arxentina e Montreal, expón un relato de superación persoal traballado con gran sensibilidade e sen deixar unha físgoa para a sensiblería. A liña entre documental e ficción dilúese nunha experiencia catártica e resiliente para as rapazas e a cineasta, que tamén se verá obrigada a enfrontarse os seus propios demos internos. Ao mesmo tempo, Primas pon de manifesto o potencial da arte como apoio terapéutico, e do cinema como ferramenta de denuncia e reconstrución persoal.


Primas

Laura Bari

Mendoza (Arxentina)

Apaixonada polas artes e polas formas do arquetipo do imaxinario, comprometida a solidificar o proceso de construción da identidade a través da expresión, Laura reside en Montreal desde hai vinte anos. Elixe o cinema como un lugar de converxencia das artes, da arquitectura afectiva e da saúde mental, emocional e física.