Nota do público:

6,94

Indonesia, Francia, Malasia, Tailandia / 93 min. / Ficción / Indonesio

Mercar entrada

Nos outeiros desertos dunha illa de Indonesia, Marlina, unha moza viúva, é atacada por unha banda de criminais que a violan e lle rouban o gando. Para defenderse, mata varios homes do grupo. En busca de xustiza, emprende unha viaxe de empoderamento e redención. Pero o camiño é longo, especialmente cando a pantasma da súa vítima sen cabeza comeza a perseguila.


Ficha artística

Marsha Timothy, Dea Panendra, Yoga Pratama, Egi Fedly, Rita Matu Mona, Anggun Priambodo.

Ficha técnica

Guión: Mouly Surya, Rama Adi.
Fotografía: Yunus Pasolang.
Música: Zeke Khaseli.
Produción: Rama Adi, Fauzan Zidni.

Premios

  • Mellor actriz no Festival de Sitges 2017

Crítica Cineuropa

A indonesia Mouly Surya asina un western feminista dividido en catro actos como vehículo de denuncia do machismo e da violencia de xénero imperantes na súa sociedade. Marlina ve como lle rouban todos os seus animais, é ameazada e violada, e promete unha lenta vinganza. Estilísticamente, Surya decántase por un ritmo pausado para transmitir a tensión crecente, cunha impresionante banda sonora como acompañamento e unha exquisita composición de planos que evoca a fotografía do western clásico hollywoodense. Pero tamén lembra cineastas tan dispares como Hou Hsiao-Hsien, pola súa elegante depuración formal, ou Quentin Tarantino, nos esporádicos toques de humor negro encargados de aliviar a carga dramática. Marlina, asasina en catro actos, premiada en varios festivais internacionais e seleccionada na pasada edición do festival de Cannes, é unha magnífica mostra de cinema reivindicativo cunha mensaxe directa de sororidade e emancipación feminina transmitida con moita forza.


Marlina, the murderer in four acts / Marlina, asasina en catro actos

Mouly Surya

Xacarta (Indonesia), 1980

Logo de graduarse en medios e literatura en Melbourne, obtivo unha mestría en cinema e televisión na Universidade de Bond, Queensland. En 2008 realizou a súa ópera prima: Fiksi. A súa segunda película, What they don’ t talk about when they talk about love (2013), exhibiuse en festivais como Sundance ou Karlovy Vary, e obtivo o Premio NETPAC en Róterdam.