Nota do público:

5,27

Arxentina / 93 min. / Ficción / Castelán

Mercar entrada

A pasaxe da adolescencia á idade adulta é un momento tan complexo na vida dun ser humano que o cinema tivo que dedicarlle un subxénero propio: o coming of age. Os protagonistas de Los vagos queren consumir os restos de adolescencia que quedan no tinteiro antes de que a carroza da adrenalina xuvenil se converta na cabaza do compromiso e as responsabilidades. Guiada polo camiñar flotante de Ernesto, o protagonista, a ópera prima de Gustavo Biazzi cóase na rutina desordenada dun grupo de amigos mentres gozan das súas vacacións entre Posadas e Ituzaingó.


Ficha artística

Agustín Avalos, Bárbara Hobecker, Ana Clara Lasta, Marcelo Enriquez, Walter Casco.

Ficha técnica

Guión: Gustavo Biazzi.
Fotografía: Alejo Maglio.
Edición: Leandro Aste.
Produción: Gustavo Biazzi, Santiago Carabante, La Unión de los Ríos srl.

Crítica Cineuropa

O filme está ambientado naqueles tempos nos que redes sociais e os móbiles non eran ferramentas diarias para a sedución nin para manterse en contacto a longa distancia. Los vagos é un relato coral dun grupo de adolescentes en pleno estoupido hormonal, toleiráns e desprexuízados, narrado con elegancia, espontaneidade e fluidez. A pesar de que non son poucos os momentos hilarantes, non estamos ante unha comedia. O baleiro, o medo a medrar, a soidade, a incerteza sobre o futuro e a dificultade de asumir responsabilidades percíbense como transfondo desta viaxe ao desconcertante mundo adulto. O debut de Biazzi, presentado na sección Bright Future do prestixioso festival de Róterdam, propón unha mirada cariñosa e nostálxica cara á adolescencia que quedou atrás, estampada naquel verán que aínda seguimos lembrando.


Los vagos

Gustavo Biazzi

Posadas (Arxentina), 1978

É un recoñecido director de fotografía arxentino. Realizou estudos de fotografía e cámara na Universidade do Cinema. Dirixiu varias curtametraxes e unha longametraxe documental. Los Vagos, a súa primeira longametraxe de ficción, proxectouse en competencia no Festival de Cinema de Mar do Prata e Róterdam.