Dinamarca, Siria / 104 min. / Documental / Árabe

Mercar entrada

Despois de cinco anos de guerra en Siria, as persoas que quedan en Aleppo prepáranse para un asedio militar. A traxedia indescritible que sofre o pobo sirio móstrasenos a través da loita diaria e heroica dos voluntarios da ONG Defensa Civil Siria, coñecidos como os cascos brancos.


Ficha técnica

Guión: Feras Fayyad.
Fotografía: Fadi Al Halabi, Thaer Mohamad, Mujahed Abou Al Joud, Hassan Kattan.
Música: Karsten Fundal.
Produción: Larm Film / Aleppo Media Center. 

Premios

  • Mellor documental (World Cinema) no Festival de Sundance 2017.

Crítica Cineuropa

O cineasta sirio Feras Fayyad segue a entrega extenuante de Khalid, Subhi e Mahmoud, que entran cada día nos edificios bombardeados e buscan sobreviventes entre os cascallos para rescatalos. A intensificación do asedio, con bombardeos constantes, obriga aos Cascos Brancos e aos máis de 350.000 habitantes de Alepo a facer fronte a un dilema imposible: abandonar o país coas súas familias e buscar refuxio ou quedar e loitar ata o final para defender a súa cidade.


Last men in Aleppo

Feras Fayyad

Siria, 1984

Director, produtor, escritor, editor e director de fotografía, coñecido polo seu documental Last men in Aleppo, que lle valeu o recoñecemento da crítica e numerosos premios e nomeamentos, como o Premio da Academia á mellor película documental, converténdose no primeiro director sirio nomeado para un Oscar.