Xapón / 105 min. / Ficción / Xaponés,Inglés

Primeira película xaponesa en mostrar abertamente personaxes LGBTI. Produción de culto, anárquica, impactante e na que realizadores con tanta fama como Stanley Kubrick ou Quentin Tarantino se inspiraron á hora de rodar algunhas das súas máis famosas escenas. A acción transcorre no Toquio de 1969. Partindo da traxedia grega Edipo Rei, asistimos a unha historia de celos, odio, sangue e amores imposibles.


Ficha artística

Osamu Ogasawara, Shotari Akiyama, Peter, Kiyoshi Awazu, Emiko Azuma, Toshiya Fujita, Masato Hara.

Ficha técnica

Guión: Toshio Matsumoto.
Fotografía: Tatsuo Suzuki.
Música: Joji Yuasa.
Produción: Art Theatre Guild / Matsumoto Production Company.


Funeral parade of roses