Nota do público:

6,00

Hungría / 83 min. / Ficción / Húngaro

Mercar entrada

Bianka, unha moza de vinte anos, atópase á deriva nos suburbios sen ningún propósito particular. De repente, sofre o impulso repentino de roubar un bebé, pero agora ten que lle atopar un pai e un fogar. Ningún dos seus ex-noivos está disposto a botar unha man, pero Laci, un mozo de 21 anos que ten unha discapacidade mental e vive nun albergue para traballadores, si está feliz de axudar. Bianka ve esta situación como un xogo emocionante, pero Laci comeza sentir amor por ela e polo e fará todo o posible para garantir unha vida familiar feliz.


Ficha artística

Réti László, Berényi Bianka, Kozma Károly, Kardos György, Kardos Róbert.

Ficha técnica

Guión: László Csuja, Gergő V. Nagy.
Fotografía: Gergely Vass.
Edición: Attila Csabai.
Produción: András Muhi, Gábor Ferenczy, Focusfox Studio.

Premios

  • Premio especial do xurado da sección East of the West no Karlovy Vary International Film Festival 2018.
  • Premio do xurado da crítica no Palic International Film Festival 2018.

Crítica Cineuropa

O val das flores é unha irónica historia sociorrealista de amantes á fuga. Os noveis Réti László, campión de patinaxe nas Olimpiadas Especiais, e Berényi Bianka, celebridade de Instagram, interpretan con total naturalidade esta peculiar e fortuíta parella, tan libre como desorientada nun mundo sobrado de convencionalismos. Unha luminosa e fluída fotografía acompaña a parella na procura do seu lugar no mundo, do seu particular val das flores.


Blossom valley / O val das flores

László Csuja

Debrecen (Hungría), 1984

Graduouse na Academia de Cinema e Drama de Budapest en 2012. A súa curtametraxe Phosphorus competiu en varios festivais internacionais de cinema como Tampere, Cork e o Festival Internacional de Cine de Edimburgo. Actualmente está a terminar un documental titulado Nine months war sobre o conflito militar ucraíno-ruso. Blossom Valley é a súa primeira longametraxe.