Nota do público:

8,22

Suecia, Noruega / 117 min. / Documental / Sueco,Inglés,Alemán

Mercar entrada

A mediados do século XX, produciuse un fenómeno único. Un desgarbado sueco, a piques de cumprir os corenta anos, comezou un período de produción cinematográfica sen precedentes. Entre 1957 e 1963, filmou algúns dos máis grandes clásicos da historia do cinema, produciu varias creacións teatrais para as táboas e a radio, e dirixiu seis filmes para televisión. No mundo do cinema, Ingmar Bergman é un personaxe único e inimitable.


Ficha artística

Elliott Gould, Barbra Streisand, Liv Ullmann, Lars von Trier, Lena Endre.

Ficha técnica

Guión: Jane Magnusson.
Fotografía: Emil Klang.
Música: Jonas Beckman, Lars Kumlin.
Produción: B-Reel Films.


Bergman: a year in a life

Jane Magnusson

Mölnlycke (Suecia), 1968

Directora, guionista e xornalista. Licenciada pola Brown University en 1992, ten unha extensa carreira como xornalista cultural, cineasta e especialista na figura de Ingmar Bergman. En 2012 realizou Bergmans vídeo, unha miniserie que analiza a figura do cineasta a través de entrevistas con outros directores, e o seguinte ano presentou o documental Descubrindo a Bergman.