Bélxica, Francia, Italia / 105 min. / Ficción / Francés

François, un novo guionista alsaciano, viaxa a Gante para atoparse con Jeanne, a autora dunha novela pola que sente auténtica fascinación e coa que intenta inspirarse para unha película. A novela é a historia da tola paixón existente entre unha moza flamenga (Benvenuta) e un maduro maxistrado italiano (Livio). François sospeita que a obra é autobiográfica porque a autora, que durante moito tempo viviu illada no seu propio fogar, resístese a todas as súas peticións.


Ficha artística

Fanny Ardant, Vittorio Gassman, Françoise Fabian, Mathieu Carrière, Claire Wauthio.

Ficha técnica

Guión: André Delvaux (Novela: Suzanne Lilar).
Fotografía: Charles Van Damme.
Música: Frédéric Devreese.
Produción: Union Générale Cinématographique (UGC) / Europe 1 / France 3 Cinéma / La Nouvelle Imagerie / Opera Film Produzione / Ministère de la Communauté Française de Belgique.

Premios

  • Premio especial do xurado no Montréal World Film Festival 1983.


Benvenuta