Skip to main content

Do 1 ao 30 de novembro de 1996

Xenios do cine de todos os tempos como Jean Renoir, Akira Kurosawa, Ettore Scola, John Ford, Zhang Yimou ou Raul Ruiz, entre moitos outros, pasaron pola pantalla do Principal no mes de novembro de 1996, nun Cineuropa que xa cumpría as dez edicións.

Proxectáronse 64 películas de máis de vinte nacionalidades entre os días 1 e 30 de novembro. La belleza de las cosas, de Bo Widerberg, viña de gañar o Premio Especial do Xurado e o Premio á Mellor Película Europea no Festival de Berlín. En lo más crudo del crudo invierno fixera gañar a Kenneth Branagh o León de Prata en Venecia ao Mellor Director en 1995. No mesmo ano, Richard Linklater recibira a versión berlinesa do mesmo galardón polo seu traballo en Antes del amanecer. A décima edición foi, en definitiva, unha edición de grandes e variados filmes, entre os que debemos salientar como favorita do público Sostiene Pereira, de Roberto Faenza. Sen dúbida, un listado de cine que paga a pena revisionar.

As películas do maratón de 1996 foron: El hombre que pudo reinar, de John Huston; Los juncos salvajes, de André Téchiné; Mecánicas celestes, de Fina Torres; Caballos salvajes, de Marcelo Piñeyro; Tesis, de Alejandro Amenábar; La estrategia del caracol, de Sergio Cabrera e Mapa del sentimiento humano, de Vincent Ward.