Skip to main content

Do 1 ao 30 de novembro de 1993

Coa nova da morte de Federico Fellini na cabeza de todos, comezaba o Cineuropa de 1993 cargado con 71 películas, proxectando no Teatro Principal Totó el héroe, de Jaco van Dormael, seguindo a tradición de comezar cada festival coa película gañadora do Premio do Público da edición anterior.

Cineuropa 1993 presentou con orgullo as películas premiadas aquel mesmo ano no festival de Cannes Raining Stones, de Ken Loach e El olor de la papaya verde, de Tran Anh Hung; e a gañadora do León de Ouro do Festival de Venecia Azul, de Krzysztof Kieslowski.

Houbo sitio tamén para o cinema independente norteamericano con Ruby in paradise, Benny & Joon ou True Romance entre outros; e para o cine queer con oito títulos dentro da sección Queer Cinema; mentres a sección Rumbo al Caribe achegaba a realidade de Cuba con 10 películas de moi diversa índole.

Neste Cineuropa, o público votou como mellor película á que o domingo día 28 foi a película sorpresa do festival, cousa que nunca antes ocorrera. Gañou, polo tanto, Orlando, de Sally Potter.

As películas do maratón que pechou Cineuropa 1993 foron estas: Donde los ángeles no se aventuran, de Charles Sturridge; Acción mutante, de Álex de la Iglesia; Eĺ país del agua, de Stephen Gyllenhaal; Intruso, de Vicente Aranda; Están todos bien, de Giuseppe Tornatore; Lunas de hiel, de Roman Polanski e La condena, de Marco Bellocchio.