Skip to main content

Do 18 ao 24 de outubro de 1988

Dada a notable aceptación por parte do público da primeira edición, o concello compostelán apostou por converter aquela mostra cinematográfica nun festival non competitivo. Así foi como Cineuropa adquiriu entidade propia xa en 1988, a súa segunda edición.

No hagas planes con Marga, de Rafael Alcázar, inagurou o 18 de outubro unha programación constituída por 45 películas de cineastas como Lars von Trier, Peter Greenaway, Stephen Frears, Claude Chabrol ou Ettore Scola. Todos eles converteríanse en autores habituais de Cineuropa.

O 24 de outubro, unha maratón cinematográfica puxo fin á segunda edición do festival. Esa noite proxectáronse no Teatro Principal de Santiago seis filmes: Ábrete de orejas, de Stephen Frears; Adela, de Carles Balagué; Vivir a tope, de Paul Verhoeven; Otro país, de Marek Kanievska; El sirviente, de Joseph Losey; e Maurice, de James Ivory.

Cineuropa conta a partir deste ano co Premio do Público, decidido por votación entre as persoas asistentes, e que nesta edición de Cineuropa recaiu sobre Mañana fue la guerra, de Youri Kara.