Skip to main content
  • Cineuropa acolle unha mesa redonda de Proxecta, a coordinadora galega de festivais de cinema
  • Será o venres 22 ás 19.30 horas no Museo das Peregrinacións

O venres 22 Cineuropa programa outra oportunidade para achegarse e conversar con algúns dos protagonistas do mundo do cinema. Nesta ocasión, serán diferentes responsables de mostras de cinema de Galicia, agrupadas en Proxecta, a coordina galega de festivais de cinema, os que analizarán na mesa Boom ou burbulla, o xurdimento de numerosas iniciativas neste campo. O encontro será no Museo das Peregrinacións ás 19.30 horas.

Na mesa, que estará moderada pola directora de Cineuropa, Laura Seoane, participarán a directora da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), Ana Estévez; o subdirector do FIC Bueu, Severiano Casalderrey; a membro da organización do festival de Cans Keka Losada, e o director do Auditorio de Galicia, Xaquín López.