Ano

2019

Nacionalidade

Tunes

Duración

110 min.

Xénero

Drama

Idioma

Árabe

5,66

Nota do público
NOV
19
Martes, 18:00
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
23
Sábado, 20:30
Salón Teatro
Mercar entrada
2019: Quincena dos Realizadores de Cannes

Logo da morte da nai, un soldado mozo asentado no deserto tunesino volve á casa cun permiso para unha semana, mais decide non regresar ao exército e desertar. Na fuxida é perseguido pola policía ata que chega a unha zona en construción dunha vila en crecemento na que desaparecerá. Un día, unha muller embarazada encontra un home de rara aparencia mentres pasea polo medio do bosque. É o exsoldado que logrou sobrevivir. A partir dese momento, terán lugar unha serie de estraños acontecementos que afectarán tanto o exsoldado coma a muller e o seu futuro fillo.

Crítica Cineuropa

A atmosfera do segundo filme de Ala Eddine Slim é desde o primeiro momento electrizante e anómala. Cun ollo posto no cinema de Apichatpong Weerasethakul e o seu sistema de convivencia do real co fantástico, o método de Eddine Slim é máis lento e inmersivo: o que comeza como unha narración bélica acaba por converterse en algo moito máis complexo e alucinado. O protagonista deserta da guerra, do mundo e da realidade e pasa a converterse nun ermitán que só fala cos ollos, seica o único xeito verdadeiro de comunicarse.

Ficha artística

Abdullah Miniawy Souhir Ben Amara Khaled Ben Aissa

Ficha técnica

Guión: Ala Eddine Slim
Música: Oiseaux-Tempête
Fotografía: Amine Messadi