Ano

2019

Nacionalidade

Letonia

Duración

84 min.

Xénero

Documental

Idioma

Letón, inglés, ruso

NOV
21
Xoves, 17:10
Multicines Compostela
Mercar entrada
NOV
22
Venres, 16:45
Salón Teatro
Mercar entrada

A prestixiosa xornalista letoa Ieva Lesinska-Geibere viaxa ao seu pasado para desenlear a historia de seu pai, axente dobre durante a Guerra Fría, e descubrir a pegada que deixou na súa vida. Cando era unha moza estudante soviética en 1978, Ieva nunca pensara que unha visita durante as vacacións a seu pai, Imants Lesinskis, que traballaba nas Nacións Unidas (Nova York), tronzaría a súa vida para sempre. Mergullada nun escuro xogo de espionaxe, viuse na obriga de abandonar a súa antiga vida e xa non puido volver ver a súa nai nin retornar á súa Letonia natal. Co obxectivo de atoparse a si mesma e entender o xogo do que formou parte, Ieva comeza unha viaxe ao pasado para enfrontarse aos segredos da súa familia, ás súas mentiras e ás súas traizóns.

Crítica Cineuropa

Nunha das primeiras escenas deste documental que mestura imaxes de arquivo, recreacións con actores e escenas gravadas para a ocasión, unhas fotos da protagonista de bebé corroboran que o seu pai facía prácticas de espionaxe con ela. E esa idea, entre o absurdo e o inquietante, é a que domina o resto do filme e a vida de Ieva, periodista filla dunha parella de letóns que practicaban a contraespionaxe. Ieva fala dende o presente e non hai carraxe na súa voz, mais si un sentimento de desconcerto e de resignación tranquila por lle tocar vivir unha vida a través doutra xente, sempre condicionada polas derivas da profesión dos seus país. Ser espía pode ser apaixonante, pero ser filla dun axente é unha lata.

Ficha técnica

Guión: Jaak Kilmi, Gints Grūbe
Música: Jan Trojans, Janek Murd
Fotografía: Aigars Sērmukšs, LGC