Ano

2019

Nacionalidade

Italia, Polonia

Duración

100 min.

Xénero

Drama

Idioma

Italiano

NOV
22
Venres, 23:00
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
25
Luns, 22:20
Multicines Compostela
Mercar entrada
2019: sección Orizzonti da Mostra de Venecia

Lena está grávida de sete meses e completamente segura de que quere vender o bebé que está xestando. Ermanno decide finxir que é o pai. Fabio, o tío de Ermanno, pagará os cartos que ambos os dous piden para adoptar o fillo que el e mais a súa muller Bianca non poden ter. Nun mundo no que o único que importa é o diñeiro, tanto Lena como Ermanno comezan a comprender que existe algo máis importante ca eles mesmos polo que paga a pena loitar e que, logo de moito tempo, están empezando a converterse naquilo que só finxían ser.

Crítica Cineuropa

En ocasións, unha ficción ilumina de xeito máis poderoso un tema de actualidade que centos de noticias e declaracións políticas ao respecto. Sole fala de nais que venden os seus fillos e pon os puntos onde hai que poñelos: na descompensación de clase que hai entre o que compra un ventre e a muller que se ofrece á “transacción”. Non é unha relación entre iguais, nin moito menos, e, a partir de aí, todo debate cae polo seu propio peso. Pero o cinema non se mantén erguido só con conclusións sociolóxicas, polo que o director de Sole ten que botar man da naturalidade seria e triste da súa parella protagonista e da súa descrición de dúas vidas en espera, que deambulan por fríos sitios de paso (un piso franco, unha sala de apostas) ata que a situación se lles desborda e se mostran como realmente son: dous adolescentes baqueteados por un sistema que os mangonea. Unha bágoa ás veces basta como resistencia e como mostra de orgullo e dignidade.

Ficha artística

Barbara Ronchi, Sandra Drzymalska, Vitaliano Trevisan, Bruno Buzzi, Claudio Segaluscio, Marco Felli

Ficha técnica

Guión: Carlo Sironi, Giulia Moriggi, Antonio Maca
Música: Teoniki Rozynek
Fotografía: Gergely Poharnok