Ano

2019

Nacionalidade

Francia, Italia

Duración

78 min.

Xénero

Documental

Idioma

Italiano

NOV
18
Luns, 17:45
Cinema NUMAX
Mercar entrada
NOV
19
Martes, 19:00
Salón Teatro
Mercar entrada

Davide Bifolco morreu aos 16 anos polo disparo dun carabineiro no distrito napolitano de Traiano. Para entender unha veciñanza decote representada como un gueto, así como as circunstancias da morte do mozo, o director Agostino Ferrente vai na busca dos amigos de Davide e coñece a Pietro e Alessandro. Equipa os rapaces cun teléfono móbil e cun micrófono e pídelles que documenten a súa vida cotiá como un filme selfie, ben sexa montando en moto, na praia, saíndo con amigos ou no baño.

Crítica Cineuropa

A idea non é nova: alguén lle dá unha cámara aos protagonistas da película para que se filmen a si mesmos. O mesmo Oliver Laxe utilizou en parte este método nalgunhas das imaxes da súa ópera prima Todos vós sodes capitáns. Noutras ocasións, este método é utilizado ante a innaccesibilidade do mundo que se quere retratar (moitas veces unha guerra). En Selfie non hai unha guerra, pero si pende unha violencia latente de cada imaxe neste retrato de dous adolescentes napolitanos dende o pleno centro dese furacán chamado camorra. O que os dous protagonistas deciden mostrar ou non, xunto co o que o director final do filme, Agostino Ferrente, decide deixar ou eliminar na sala de montaxe, ofrece unha radiografía emocional dunha xuventude cercada por centos de tentacións en forma de violencia, droga e diñeiro rápido. Un filme auténtico, espectacular á súa particular maneira.

Ficha artística

Alessandro Antonelli, Pietro Orlando

Ficha técnica

Guión: Agostino Ferrente
Música: Cristiano Defabriitis, Andrea Pesce
Fotografía: Alessandro Antonelli, Pietro Orlando