Ano

2018

Nacionalidade

Italia

Duración

80 min.

Xénero

Documental

Idioma

Italiano

NOV
19
Martes, 20:15
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
21
Xoves, 18:50
Multicines Compostela
Mercar entrada
2018: mellor documental nos Premios David di Donatello

Existe unha historia pouco coñecida sobre o papel de Italia durante un momento crucial na historia chilena, en concreto, logo do derrocamento do Goberno democrático de Salvador Allende en setembro de 1973. A través de imaxes de arquivo dos anos e de entrevistas realizadas durante doce días no ano 2017, o documental reconstrúe o papel da embaixada italiana en Santiago de Chile nos meses seguintes ao golpe de Estado. Ponse o foco en particular na súa función de asilo para centos de persoas refuxiadas opositoras á ditadura militar de Augusto Pinochet, ás que se lles ofreceu a posibilidade de abandonar o país.

Crítica Cineuropa

Nanni Moretti deixa a primeira persoa para entregar un documental eminentemente didáctico, pero tamén lúcido e pertinente, sobre o país socialista, humanista, marxista e democrático que construíu Salvador Allende e sobre como o bloqueo da dereita acabou coa utopía. Este documental pode englobarse dentro da categoría de “cabezas parlantes”, aínda que combinado con moita imaxe de arquivo. Hai un momento, extraordinario por sinxelo, no que o director non resiste máis e decide responder ante a protesta dun militar no cárcere por non ser unha entrevista imparcial a que lle estaban a facer. Moretti entra en plano e dille con rotundidade: “eu non son imparcial”. Ninguén debería selo, e máis agora, cando negras sombras volven axexar Chile.

Ficha técnica

Guión: Nanni Moretti
Fotografía: Maura Morales Bergmann