Ano

2019

Nacionalidade

Reino Unido

Duración

77 min.

Xénero

Drama

Idioma

Inglés

NOV
13
Mércores, 21:10
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
15
Venres, 16:45
Salón Teatro
Mercar entrada

Na vila escocesa de Fraserburgh, no norte do país, un grupo de mozos soña con evadirse da realidade a través de carreiras drag de coches. Finnie era un dos membros máis carismáticos do grupo, pero co paso do tempo e a chegada dun fillo, a súa perspectiva sobre o mundo comezou a mudar. Ao medrar, é el quen empeza a participar nas carreiras que apaixonaron a seu pai. Un día, Finnie decide coller emprestado o coche do fillo para gozar por última vez da sensación de velocidade.

Crítica Cineuropa

Non todos os filmes nos que o coche sexa de vital importancia son Fast & Furious. Locke, protagonizada por un Tom Hardy fantástico, demostrouno hai uns poucos anos, aínda que a súa sona seica non era tan merecida. Run comparte nacionalidade pero engade uns cantos personaxes máis que os do one-man-show de Hardy e multiplica o seu alcance, aínda que a aparencia do filme sexa máis modesta. Unha noite de voltas en coche pon en contacto un pai co mundo do seu fillo, que vai camiño de converterse nunha versión máis nova do seu fracaso vital. Pero lanzarse á estrada de noite co coche dá novos pulos a uns personaxes afogados na rutina e na falta de saídas. Ás veces basta con baixar un chisco a fiestra para que entre aire fresco. Cinema sinxelo e fermoso.

Ficha artística

Mark Stanley, Amy Manson, Marli Siu, Anders Hayward, Scott Murray

Ficha técnica

Guión: Scott Graham
Fotografía: Simon Tindall