Proxecto pedagóxico de alfabetización cinematográfica que se desenvolve desde hai 15 anos no IES de Cacheiras e que ten como obxectivo principal a aprendizaxe da linguaxe cinematográfica para fomentar o pensamento crítico a través da creatividade e a sensibilización social e cidadá. En colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela xorde o proxecto Imaxinando Músicas como espazo de creación de cinema e música para o alumnado de ambos os dous centros. Recibiu o Premio Nacional de Boas Prácticas Educativas 2019 do Ministerio de Educación, entre outros recoñecementos, e conta con máis de 60 premios en festivais de cinema nacionais e internacionais para as obras creadas polo alumnado.
Nesta sesión vaise proxectar unha selección destas obras e coa interpretación en directo dalgunhas das súas bandas sonoras.