NOV
17
Xoves, 16:00
Cinema Numax

O FICBUEU naceu co obxectivo de promover a curtametraxe, achegando ás xentes da súa contorna un formato cinematográfico excluído das salas de cinema e circuítos de distribución. Desde hai xa varias edicións, a proxección dos filmes vese complementada co proxecto Cadernos FICBUEU, que permite afondar nas obras presentadas e o contexto que as enmarca, contribuíndo deste xeito á historiografía deste formato.

Nesta edición de Cineuropa presentarase o Caderno FICBUEU#3, obra escrita polo historiador e programador Severiano Casalderrey Conde.

O ‘Instituto de Investigaciones y Experiencias Cinematográficas’ (IIEC), reformulado en 1962 como ‘Escuela Oficial de Cinematografía’ (EOC) foi o primeiro centro de estudos cinematográficos en España, referente indiscutible dende a súa fundación en 1947 ata a súa disolución en 1976. O Caderno FICBUEU#3 pretende afondar no peso que tiveron as aulas do IIEC e a EOC respectivamente, marcando a semente dunha nova xeración de cineastas que reformaron o cinema nas décadas dos 50, 60 e 70.

O acto, presentado por Moncho Lemos, contará co autor do caderno, Severiano Casalderrey Conde.

Entrada

A entrada será libre ata completar a capacidade da sala