Ano
2018
Onde estamos nós é un documental feminista, de carácter testemuñal, que ten como obxectivo visibilizar a obra audiovisual dalgunhas das directoras máis recoñecidas do ámbito galego. O proxecto adquire unha visión crítica da ausencia de mulleres no posto de dirección en Galicia. Pretende concienciar sobre o que supón ser muller e dirixir, da falta de referentes femininos nos manuais de estudo, da invisibilidade nas carteleiras, entre outros aspectos de interese, abordados desde unha clara perspectiva de xénero.
Mariana Carballal, Noemí Chantada, Paula Cons, Lucía Estévez, Anxos Fazáns, Xisela Franco, Margarita Ledo e Olga Osorio
Guión, edición e produción: Lara Alonso
Imaxe: Alba Acuña, Lara Alonso e Silvia Troncoso
Son: Alba Acuña , Brais Gómez e Silvia Troncoso