Ano

2019

Nacionalidade

Taiwán

Duración

103 min.

Xénero

Drama

Idioma

Mandarín

NOV
12
Martes, 22:30
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
13
Mércores, 16:15
Teatro Principal
Mercar entrada
2019: sección oficial Un Certain Regard do Festival de Cannes

Nina Wu é unha moza que abandona unha pequena compañía de teatro no rural para marcharse á cidade, onde aspira facer carreira como actriz. Pero as cousas non saen como ela espera, e a oportunidade que tanto agarda nunca chega. En pouco tempo unha depresión comeza a afectarlle ao carácter, ata que por fin un día recibe unha oferta para interpretar unha heroína dos anos 70 nun filme de espionaxe. Nina decide entregarse en corpo e alma para ter éxito no seu papel, algo que non só consegue, senón que ademais cala na súa mentalidade. Antes de decatarse vese na obriga de enfrontarse a difíciles decisións relacionadas coa súa sexualidade que lle recordan unha e outra vez de onde procede.

Crítica Cineuropa

O que comeza como unha versión chinesa do Hollywood infernal de Harvey Weinstein acaba por asemellarse a outro filme que pasou algo desapercibido, o estupendo Secretary, onde os roles de poder e submisión se sofisticaban ata o desdebuxamento das barreiras de abuso e vítimas. Aquí, Midi Z dedica boa parte do seu filme a construír espazos asfixiantes e de deseño e subir a incomodidade do espectador pouco a pouco, como unha posta en abismo das mesmas condutas que a película supostamente denuncia. A espléndida protagonista, Wu Ke-Xi ofrece todo un recital neste traballo, óptimo para un coloquio posterior sobre os perigos da representación do abuso de poder.

Ficha artística

Wu Ke-Xi, Sung Yu-Hua, Hsia Yu-Chiao, Shih Ming-Shuai

Ficha técnica

Guión: Midi Z, Wu Ke-Xi
Música: Lim Giong
Fotografía: Florian Zinke
Produción:Lin Sheng-Wen, Molly Fang, Claudia Tseng, Andi Lim