Ano

2019

Nacionalidade

Polonia

Duración

119 min.

Xénero

Drama, suspense

Idioma

Inglés, ruso

NOV
18
Luns, 16:15
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
25
Luns, 18:30
Salón Teatro
Mercar entrada
2019: Sección oficial do Festival de Berlín

En marzo de 1933, o xornalista galés Gareth Jones colle un tren dende Moscova a Krakovia. O obxectivo de Jones é captar a situación na que se atopa a poboación local. A fame parece afogar a capital nunha vaga de morte mentres un grupo de soldados pretende que estes feitos queden no plano do privado. A pesar de todo, este xornalista non está disposto a permitilo. Acompañado de Ada Brooks, unha reporteira do New York Times, Jones fará canto poida por desvelar o lado oculto do réxime de Stalin.

Crítica Cineuropa

O filme da veterana Agnieszka Holland narra a historia dunha apertura de ollos, da fin dun soño, da extinción do paraíso. Este “paraíso” en concreto era a Rusia dos anos 30, a do milagre da revolución e da xustiza social. Todo se vén abaixo cando o fotógrafo do título indaga e descobre as fallas enormes do sistema e as terribles fames que decimaron a poboación de Ucraína orquestradas en gran medida pola ominosa sombra de Stalin. Cando o fotógrafo quere contar a súa historia, atópase co impedimento da política e dos acordos entre países nunha especie de fake news primixenias: cando a verdade non é útil, rexeitémola. A cineasta contaxia ao seu drama histórico da mesma fatalidade que rodea o protagonista e as propias imaxes son devoradas por certa vertixe e caen de cando en cando nas sombras.

Ficha artística

James Norton, Vanessa Kirby, Peter Sarsgaard, Joseph Mawle, Kenneth Cranham, Michalina Olszańska, Richard Elfyn, Beata Poźniak, Celyn Jones, Julian Lewis Jones

Ficha técnica

Guión: Andrea Chalupa
Música: Antoni Komasa-Łazarkiewicz
Fotografía: Tomasz Naumiuk PSC