Ano

2021

Nacionalidade

Chile

Duración

85 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Español

7,86

Nota do público
NOV
11
Xoves, 20:00
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
13
Sábado, 21:30
Cinema NUMAX
Mercar entrada

2021: Mellor película, mellor guión e mejor actor no Festival de Guadalajara

Ángel e o seu irmán Franco levan un ano nun centro de detención xuvenil. Tras un feito violento, xorde entre os prisioneiros a idea de fuxir a través dun motín. Ángel desconfía do plan pero, preocupado pola saúde de Franco, comeza a velo como a súa única saída.

Esta segunda película da directora de orixe mapuche Claudia Huaiquimilla podería caer nos numerosos lugares comúns do subxénero carcerario adolescente, mais non o fai. A cineasta prefire poñer o foco na intimidade dos seus protagonistas, ofrecendo un retrato psicolóxico profundo e realista, que contén unha boa morea de contradicións, de momentos de humor e, por suposto, tamén de dor. O resultado é unha película humilde pero intelixente e chea de matices, protagonizada por un elenco de adolescentes cuxas interpretacións son pura autenticidade.

Claudia Huaiquimilla

Chile, 1987

A súa primeira curtametraxe San Juan (2013), obtivo unha mención especial do xurado en Clermont Ferrand. Contextualizada no conflito mapuche e os prexuízos da sociedade cara a mocidade problemática, escribe e dirixe a súa primeira longametraxe Mala Junta (2016), gañadora de 40 premios internacionais. Mis hermanos sueñan despiertos é a súa segunda longa.
Ficha artística

Iván Cáceres, César Herrera, Paulina García, Andrew Bargsted

Ficha técnica

Guión: Claudia Huaiquimilla, Pablo Greene
Fotografía: Mauro Veloso
Edición: Andrea Chignoli
Produción: Lanza Verde, Inefable