Ano

2019

Nacionalidade

México, Estados Unidos

Duración

81 min.

Xénero

Documental, drama social

Idioma

Castelán

5,90

Nota do público
NOV
14
Xoves, 16:15
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
17
Domingo, 22:00
Multicines Compostela
Mercar entrada
2019: premio especial do xurado na sección documental do Festival de Sundance

A familia Ochoa componse case na súa totalidade de paramédicos que loitan cada día por ser os primeiros en responder a chamada dos doentes que precisan asistencia médica logo de sufriren un accidente. Nunha cidade na que o Goberno só conta con 45 ambulancias para unha poboación de máis de 9 millóns de habitantes, o labor da familia vólvese imprescindible, aínda que non conta con ningún tipo de axuda nin recoñecemento por parte do Estado. Isto implica que, con certa frecuencia, os condutores das ambulancias teñen que someterse a unha serie de contratempos que han de liquidar de xeito ilícito, ben sexa a través de subornos ás autoridades ou ben mediante prácticas pouco éticas que afectan directamente ao peto dos propios accidentados.

Crítica Cineuropa

Bringing out the dead era o título orixinal dun dos filmes máis esquecidos de Martin Scorsese, unha alucinada viaxe cara á fin da noite a través das peripecias dun condutor de ambulancias interpretado por un Nicolas Cage at his best. Pois ben, este documental mexicano fai carne o filme de Scorsese e asistimos pasmados ao día a día (máis ben ao noite a noite) dun grupo de traballadores de ambulancias alegais que prestan os seus servizos no caos da noite do DF, aproveitando que a sanidade gobernamental se ve completamente desbordada. É abraiante contemplar carreiras de ambulancias por chegar primeiras a un accidente e aproveitarse do estado de confusión das vítimas para que contraten os seus servizos. Fotografía exacta dos estragos das privatizacións e do capitalismo salvaxe. Luke Lorentzen, a pesar de todo, ten compaixón polos seus protagonistas, que son retratados con humanidade, deixando claro que é o sistema o inhumano, non as persoas.

Ficha técnica

Guión: Luke Lorentzen
Música: Los Shajatos
Fotografía: Luke Lorentzen