Ano
1958
Un preso non deixa de cantar e asubiar todo o día unha canción que di “Só temos unha vida, se non a gozamos, para que a vivimos”. Ante tal alegría, un garda do cárcere pregúntalle como pode estar tan ledo atopándose entre reixas e é entón cando o recluso lle narra a historia de como chegou ata alí. Era un simple empregado de banco, encargado da caixa e farto de contar os millóns dos demais e de ser maltratado polo seu xefe, decide non avisar dun erro na contabilidade e quedar coa fortuna.