Ano

2019

Nacionalidade

Francia

Duración

84 min.

Xénero

Drama

Idioma

Francés

NOV
17
Domingo, 22:00
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
18
Luns, 22:00
Cinema NUMAX
Mercar entrada

2019: premio ao mellor director no Festival de Cinema de Locarno

2019: sección oficial de longametraxes a concurso no Festival de Mar do Prata

2019: sección Zabaltegi-Tabakalera do Festival de San Sebastián

Despois de sufrir a perda dos seus dous fillos, Isadora Duncan creou un solo de despedida titulado Mother, no que, nun momento de extrema tenrura, unha nai arrola o seu fillo por última vez antes de deixalo ir. Un século máis tarde, catro mulleres atópanse coa desconsoladora danza.

Crítica Cineuropa

Tres actos, cada un coa súa linguaxe, tres representacións dunha obra mestra da danza, tres variacións sobre un mesmo tema. O cineasta (e bailarín) Damian Manivel comeza dun xeito frío e intelectual a súa versión da peza tráxica de Isadora Duncan sobre a morte dos seus fillos. Pero, con habilidade e ousadía, pasa da forma ao fondo, que é igualmente importante á hora de expresar emocións, aínda máis na arte da imaxe que é o cinema. E o francés remata a función, nun círculo perfecto, na transmisión da danza dende o escenario ata os espectadores, nunha demostración brutal do poder da arte. A dor, por desgraza, é universal. Todos os xestos e coreografías son válidos á hora de expresala.

Ficha artística

Agathe Bonitzer, Manon Carpentier, Marika Rizzi, Elsa Wolliaston

Ficha técnica

Guión: Damien Manivel
Fotografía: Noé Bach