Ano

2009

Nacionalidade

Francia

Duración

102 min.

Xénero

Documental

Idioma

Francés

NOV
17
Martes, 16:00
Auditorio (Sala Mozart)
Mercar entrada

En 1964, Henri Georges Clouzot elixe a Romy Schneider e Serge Reggiani como actores para L’Enfer. Un proxecto enigmático e insólito, un orzamento ilimitado, un filme que sería todo un acontecemento cinematográfico. Pero despois de tres semanas de rodaxe o proxecto interrómpese e as imaxes non verán a luz. Estas imaxes bloqueadas inicialmente por razóns xurídicas, desaparecen e considéranse perdidas. Despois de medio século, estas imaxes esquecidas atópanse e son máis asombrosas do que a lenda prediciu. Elas contan un filme único, a tolemia e os ciumes filmados con cámara subxectiva, a historia dunha rodaxe maldita e a historia de Henri Georges Clouzot, quen deu renda solta ao seu xenio como cineasta. Nunca Romy Schneider estivo tan hipnótica. Este filme mostra L’Enfer que rodou Clouzot e conta a historia dun naufraxio magnífico.

Serge Bromberg, Ruxandra Medrea

Ficha técnica

Guión: Serge Bromberg
Fotografía: Jérôme Krumenacker, Irina Lubtchansky
Edición: Janice Jones
Produción: Serge Brombers, Marianne Lère