Ano

2019

Nacionalidade

Romanía, Francia, Alemaña

Duración

97 min.

Xénero

Drama, comedia, suspense

Idioma

Romanés

6,88

Nota do público
NOV
18
Luns, 22:00
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
21
Xoves, 22:15
Multicines Compostela
Mercar entrada
2019: sección oficial de longametraxes a concurso no Festival de Cannes

Cristi, un inspector de policía corrupto, viaxa dende Romanía ata a illa canaria da Gomera para tratar de aprender o silbo, unha lingua propia do lugar baseada en asubíos. Grazas a esta lingua secreta, poderá liberar a un mafioso encarcerado e recuperar trinta millóns de euros, xa que só el sabe onde están agochados.

Crítica Cineuropa

O romanés Corneliu Porumboiu leva tempo demostrando no seu cinema unha querenza pola linguaxe e a semiótica. Se en Politist, adjectiv, outro policiaco narrado en “Corneliu time”, o punto cume chega cunha discusión en torno a un dicionario, aquí o “silbo” canario é a vertixe pola que se desliza este thriller divertidamente desartellado. O realizador colle os tópicos do xénero, como delatores, mulleres de mafiosos, velenos e un botín, desconéctaos da trama e tíraos ao chan para que os vexamos mellor. Cando un se fixa moito nunha palabra, esta perde significado. Pois o mesmo fai o cineasta romanés. A linguaxe cinematográfica segue aí, pero convertida noutra cousa.

Ficha artística

Vlad Ivanov, Catrinel Marlon, Rodica Lazar, Sabin Tambrea

Ficha técnica

Guión: Corneliu Porumboiu
Fotografía: Tudor Mircea