Ano

2019

Nacionalidade

Canadá

Duración

117 min.

Xénero

Drama

Idioma

Francés

8,06

Nota do público
NOV
10
Domingo, 20:30
Multicines Compostela
Mercar entrada
NOV
15
Venres, 18:15
Salón Teatro
Mercar entrada
2019: mención especial no Festival Internacional de Cinema de Vancouver

Dúas mozas medran xuntas como moi boas amigas nunha comunidade Innu. Mentres Mikuan ten unha familia perfecta, Shaniss está recollendo os anacos da súa infancia esnaquizada. De nenas prometéronse estar xuntas ante calquera circunstancia, pero ao cumpriren os 17 a súa amizade abanea ao namorarse Mikuan dun mozo de raza branca e comezar a soñar con abandonar a reserva, que se lle está a quedar pequena.

Crítica Cineuropa

Hai tantos mundos como comunidades, pero o apego ás raíces, ás tradición e a resistencia a deixar que desapareza unha cultura son cousas que podemos entender perfectamente desde Galicia, aínda que este filme se desenvolva nunha reserva innuit en Québec. Aquí o que importa en verdade é a calor humana que desprende cada plano neste filme sobre a amizade de dúas mozas que representan dous fíos de vida, dous xeitos de enfrontarse ao futuro, tan válido un como o outro. Unha historia contada unha e mil veces pero en poucas ocasións con tanto agarimo, comprensión e amor polos personaxes. A directora Myriam Verreault foi quen de facer un filme novo que refulxe como unha pequena xoia entre tanto cinema indie clónico e globalizado.

Ficha artística

Sharon Fontaine-Ishpatao, Yamie Grégoire, Étienne Galloy, Cédrick Ambroise, Caroline Vachon, Mike Innu Papu Mckenzie, Anniss Desterres, Roselyn Fontaine, Mikupishan Poirier, Ariel Fontaine St-Onge, Katinen Grégoire-Fontaine

Ficha técnica

Guión: Myriam Verreault
Música: Louis-Jean Cormier
Fotografía: Nicolas Canniccioni
Música: Louis-Jean Cormier