Ano

2019

Nacionalidade

Estados Unidos

Duración

111 min.

Xénero

Drama fantástico, suspense, comedia

Idioma

Inglés

6,40

Nota do público
NOV
18
Luns, 22:45
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
22
Venres, 22:15
Multicines Compostela
Mercar entrada

Para os mozos e mozas dun instituto situado nunha vila perdida do oeste dos Estados Unidos, a vida non estaría completa sen o seu equipo de fútbol americano, a banda de marcha, as animadoras e unha mascota. As persoas adultas, por outro lado, preocúpanse máis polo desexo, a crise da mediana idade e os seus respectivos problemas maritais. Porén, a desaparición dunha moza chamada Carolyn Harper rompe a rutina diaria dos habitantes desta vila, que podería ser outra calquera. O medo e a ansiedade pola desaparición dun ser querido leva a súa familia a desenvolver estrañas estratexias para superar o acontecido.

Crítica Cineuropa

Hai un eco de Laura Palmer que flota nas imaxes do filme de Jennifer Reeder, cuxas poderosas curtametraxes xa tiveron ocasión de verse no festival Curtocircuíto. Knives and skin é como se o mundo fose exactamente igual que nos filmes de David Lynch e nas fotografías inquietantes de Gregory Crewdson, e nese mundo desembarca Reeder coas súas adolescentes empoderadas e o seu feminismo punk. Como conquistar o reino doutra persoa. E neste fantástico melting pot de comedias de instituto e zonas fantasmais soan unha detrás doutra versións a capella de Cindy Lauper ou New Order nun crescendo de angustia, alegría e rebeldía teen abraiante. Cinema que sabe a novo, por fin.

Ficha artística

Ireon Roach, Kayla Carter, Tim Hopper, Marika Engelhardt, Raven Whitley, Audrey Francis, Kate Arrington, James Vincent Meredith, Ty Olwin, Marilyn Dodds Frank, Tony Fitzpatrick

Ficha técnica

Guión: Jennifer Reeder
Música: Nick Zinner
Fotografía: Christopher Rejano