Ano

2019

Nacionalidade

Xapón

Duración

110 min.

Xénero

Animación

Idioma

Xaponés

NOV
22
Venres, 19:30
Multicines Compostela
Mercar entrada
NOV
24
Domingo, 16:45
Salón Teatro
Mercar entrada

A vida de Ruka cambia para sempre o día que coñece a Umi (mar) e Sora (ceo), dous misteriosos mozos que posúen unha conexión sobrenatural co océano.

Ruka é unha estudante de secundaria á que lle custa expresar os seus sentimentos. De visita no acuario onde traballa seu pai, ve dous mozos misteriosos nadando entre as baleas. Son Umi (‘mar’) e seu irmán Sora (‘ceo’), que foron criados por dugongos (grandes criaturas mariñas) e parecen escoitar a mesma estraña chamada do océano ca ela. Este encontro entre os tres parece activar unha serie de fenómenos sobrenaturais, pero hai quen sabe que estes sucesos están relacionados cos rapaces e tratarán de utilizalos no seu propio beneficio. Serán capaces os seres humanos de deixar de lado as súas diferenzas para resolver o misterio da vida?

Crítica Cineuropa

Nada ten que ver este filme con outra xoia da animación como A canción do mar, aínda que aquí as baleas tamén cantan. Os nenos do mar fai colleita no riquísimo mundo animista xaponés para despregar unha narración de imaxe preciosista, no que cada pequeno elemento no encadre, cada cousa está debullada con agarimo e sentido estético, e que se volve cada vez máis abstracto ata finalizar en pura liserxia ecoespiritual. O virtuosismo técnico ao servizo dunha historia mínima e ao mesmo tempo descomunal, como un universo na palma da man ou nunha gota de auga.

Ficha técnica

Guión: Daisuke Igarashi
Música: Joe Hisaishi