Ano

2019

Nacionalidade

Canadá

Duración

93 min.

Xénero

Comedia

Idioma

Francés

NOV
21
Xoves, 18:30
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
23
Sábado, 20:45
Multicines Compostela
Mercar entrada

Juliette está no segundo ano de instituto e ten que soportar as burlas dos seus compañeiros e compañeiras. Acomplexada polo seu sobrepeso, vai adentrándose na adolescencia, onde a agardan grandes mudanzas e acontecementos.

Crítica Cineuropa

Este filme semiautobiográfico da quebequesa Anne Émond é un coming of age dunha adolescente algo acomplexada polo seu físico (pero non moito) que intenta sobrevivir á escola, á súa familia e aos seus primeiros moceos. Non son tempos doados pero a personalidade da protagonista non se vén abaixo tan facilmente, e ao mesmo tempo a directora debulla unha paisaxe emocional de escenas cotiás que non teñen moita importancia pero que no momento se viven como cuestións de vida ou morte. A luz que inunda cada plano non engana o espectador: estamos ante unha comedia luminosa.

Ficha artística

Alexane Jamieson, Léanne Désilets, Antoine Desrochers, Christophe Levac

Ficha técnica

Guión: Anne Émond
Música: Vincent Roberge
Fotografía: Olivier Gossot