Ano

2019

Nacionalidade

Romanía, Serbia

Duración

89 min.

Xénero

Comedia

Idioma

Rumano y serbio

6,08

Nota do público
NOV
16
Sábado, 00:30
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
20
Mércores, 20:30
Multicines Compostela
Mercar entrada
2019: premio do xurado na sección Cineastas do Presente do Festival de Cinema de Locarno

Ivana convida a amigos, familiares e antigos amantes a xogar consigo mesmos e coas súas emocións nunha versión guionizada da historia dunha muller ao bordo dunha crise nerviosa. Na fronteira do Danubio, o drama convértese nunha comedia.

Crítica Cineuropa

Hai algo de perplexidade, algo inaprehensible que nos escorrega das mans cada vez que nos achegamos a unha cinematografía ou a unha cineasta da que descoñecemos todo. E, por unha banda, semella que para gozar en toda a súa extensión de Ivana the terrible deberiamos saber que a protagonista é tamén a directora, que fai de si mesma e que no seu país de orixe, Romanía, debe ser todo un personaxe. Pero no fondo non fai falta: basta con seguila como un vento furacanado na súa volta á casa para rodar un guión do que case non se sabe nada. De feito, ás veces dubidamos de se o que estamos a ver é un documental, unha ficción, unha performance ou unha mestura de todas elas. Dá o mesmo. A súa presenza pon patas arriba a familia, amigos, amantes e mesmo as forzas vivas da vila. Como contemplar o demo de Tasmania en carne e óso.

Ficha artística

Ivana Mladenovi, Luka Grami, Gordana Mladenovi, Miodrag Mladenovi, Kosta Mladenovi, Zivka Sorejevi, Andrei Dinescu, Anca Pop

Ficha técnica

Guión: Ivana Mladenović, Adrian Schiop
Fotografía: Carmen Tofeni