NOV
16
Luns 16, 18:00
Youtube
Accede á sesión

2020: Premio Cineuropa

Neste terceiro volumen da serie Para unha historia do cinema en lingua galega, publicado polo Grupo de Estudos Audiovisuais en colaboración coa Editorial Galaxia, as autoras e autores analizan os filmes galegos que chegaron ás pantallas no último ano ou aqueles que están aínda en construción, xunto con aquelas pezas que adoitan pasar desapercibidas para o público por navegar fóra dos roteiros máis transitados, buscando outras formas de expresión.

A catedrática da Universidade de Santiago Margarita Ledo Andión coordina de novo esta exploración na que tamén participan «á marxe de servidumes académicas e desde a crítica aos modos obsoletos de pensar nas películas» Fernando Redondo Neira, Cibrán Tenreiro Uzal, Alberte Pagán, Antía López Gómez, José Luis Castro de Paz, Pablo Súarez-Mansilla e Marta Pérez Pereiro.

Margarita Ledo

Castro de Rei, Lugo, 1951

Presentación virtual

Participan Margarita Ledo Andión, Fernando Redondo Neira e Marta Pérez Pereiro. Emisión a través da canle de Youtube de Compostela Cultura.